40 anos da volta do cadaleito Castelao
Coa autonomía acadada, coa democracia establecida, o Parlamento galego acordou por abafante maioría organizar o retorno dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o deputado nacionalista, galeguista e republicano que mellor representaba a loita política pola autogoberno galego. Amais de escritor e artista, Castelao foi principalmente un político, primeiro na República e despois no exilio, por iso converteuse en mito e por iso convertérono en mito. Pola súa adicación e o seu compromiso político. Ninguén encarnou coma el a lexitimidade da democracia republicana e do autogoberno galego.
Por iso, hai 40 anos, uns vanse lavar con el, si, pódese dicir así, porque iso foi parte axial do proceso que aconteceu, da transición que se fixo da........© La Voz de Galicia
visit website