E ti onde estabas?
Haberá un día no que ollaremos cara atrás, dentro dalgunhas décadas, e os máis novos quizais nos pregunten, ou igual nós, as nosas conciencias: que andabas a facer cando se atacou a democracia? Que fixeches cando o fascismo internacional asaltou o poder? Onde estabas cando os ignorantes tomaron os gobernos?
O problema de vivir no presente é que non nos decatamos de que o presente algún día será historia, e que o «hoxe» non dura máis que un suspiro e que os nosos actos, ou a nosa quietude, mañá terán consecuencias.
Non imaxinabamos que o século XXI ía ser a centuria na que nos ían cuestionar a democracia. Dixo Trump hai unhas semanas: «Non sei nin por que temos eleccións». Dixo e dixo ben. Porque Trump está aí non para representar........
