Aa
Aa
Aa
-
A
+
Improvisación na educación
O anuncio na Coruña do presidente do Goberno de España da próxima aprobación de medidas para a mellora da competencia en matemáticas e lectura pon en evidencia unha vez máis o nivel de improvisación e electoralismo ao que está sometido o noso sistema educativo. Acórdanse de santa Bárbara cando trona. E cando trona? Cando un estudo coñecido, como é o caso do informe PISA, conclúe que empeoran os resultados, ou cando hai eleccións á vista. Nestas circunstancias non se asume ningún tipo de responsabilidade e, para despistar, malgástase o diñeiro público con accións improvisadas e carentes dun rigoroso estudo previo.
O referido informe da OCDE só avalía o rendemento académico en matemáticas,........
© La Voz de Galicia
visit website