menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Alfredo Conde, señor de Brión

9 0
08.05.2026

A tropa habitual da Asociación de Xornalistas de Galicia e acompañantes o pasado martes fómonos ata Brión para arroupar a Alfredo Conde na entrega do XI Premio José Luis Alvite de xornalismo. El vive por aquelas fermosas terras de Santiago e asegura que é o lugar onde máis tempo leva apousentada a súa paciencia de bo observador do mundo, practicante das letras e calibrador dos malos fumes da Humanidade. Alfredo é escritor por vocación e porque naceu con ese defecto, que algúns levamos no ADN, para gozo e sufrimento a partes iguais. Pero como bo coñecedor do oficio de escribir é tamén un articulista avalado por unha longa tradición premiada por tirios e troianos e unha manchea de lectores ao longo dos seus incontables afáns de columnista, que ningún Sansón foi quen de tombar. As columnas de opinión de Conde cóntanse por milleiros e os templos que as utilizaron por ducias. Premialo co Alvite admite con xustiza todos os cualificativos ao uso,........

© La Región