A intelixencia divina, fronte á IA
O papa está a vir a España pero antes de saír de casa deixou feitos os deberes e enviounos a primeira encíclica do seu papado. Sabe León XIV que, no vórtice da actualidade, un personaxe por moi importante que luza non pasará á historia se non deixa escritas as principais liñas do seu pensamento. No noso presente todas as figuras do taboleiro son simples anécdotas biográficas se canto pensan, se é que pensan, quédalles dentro do boche. Lin a encíclica “Magnifica humanitas” con verdadeiro interese, pero tamén atrapado pola maioría das reflexións do pontífice (construtor de pontes) e en cada parágrafo tratei de descifrar os mecanismo do pensamento que lle levaron a sentar ante o computador con matemática precisión e espírito filosófico. A sinxeleza ao escribir denota unha inmensa preparación intelectual e unha intelixencia diáfana. Debo confesar que, despois da miña admiración polo papa Francisco, resultoume intrigante achegarme á figura........
