menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Precursores da conciencia galega

12 1
29.02.2024

Cando se fala do asociacionismo cultural galeguista en tempos do franquismo hai que reparar obrigatoriamente na Asociación Cultural de Vigo. Unha entidade que foi senlleira nun tempo nas as homónimas -“O Galo”, en Santiago; “Auriense”, en Ourense; “Amigos da Cultura”, en Pontevedra, e “O Facho” na Coruña- tiñan unha programación excesivamente culturalista, de baixa intensidade.

No ano 2012 o Consello da Cultura Galega publicou un libro titulado “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975). “Unha obra coral escrita por unha ampla nómina de colaboradores. Deliberadamente non foron convidados a participaren na reconstrución desa historia algúns protagonistas que vivimos aqueles tempos. Así que o resultado da publicación non foi o que debera ter sido. Nela os relatores repítense enumerando algunhas xeralidades. Nótaselles os escasos coñecementos dun exemplo excepcional no panorama cultural galego daqueles tempos.

A Asociación Cultural de Vigo tivo unha praxe transversal........

© La Región


Get it on Google Play