Falar cos defuntos
No dicir dos antropólogos os defuntos están sempre próximos, mesturados cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá. Este aserto pódese comprobar facendo visitas aos nosos cemiterios a calquera hora do día; sempre hai alguén poñendo flores ou limpando a lápida do nicho. Ou mantendo unha reflexión íntima co defunto. Son maioritariamente mulleres.
Hai pouco tempo visitaba en compaña da miña amiga Sara Soto o cemiterio de Vilanova dos Infantes. Mentres comentabamos a desgaleguización das tumbas, decateime da presenza dunha muller. Observeina con interese, porque o primeiro que fixo foi persinarse, e despois, con moito recollemento, estivo dous ou tres minutos perante o sartego, interpretando que mantiña un diálogo coa memoria da súa nai que repousaba baixo aquela tampa de granito. Cando rematou, bicou a tampa do sartego. Encarna, que así se chama a señora, permitíume que a fotografase naquel trance. Díxome que despois de deixar arrombada a casa, achegábase ao camposanto para repetir o mesmo rito todos os días.
Aquela........
© La Región
visit website