menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Couto mixto, unha república rescatada

9 35
01.07.2024

Efectivamente, tal como afirmamos no enunciado desta colaboración, aquela institución xurídica e territorial, que elixía os seus cargos representativos por sufraxio universal en tempos de monarquías absolutas, semellaba ser unha lenda. Coa decidida intervención duns amigos evitamos que o que podería derivar nun conto da tradición oral é hoxe unha páxina histórica na súa acepción canónica.

O rescate e actualización da historia daquel territorio arraiano ten a súa intrahistoria que con brevidade relato. Un bo día, e disto xa van aló 27 anos, Luís M. García Mañá ofrecéume facer unha viaxe á fronteira da Baixa Limia. Quería que coñecese un territorio do que apenas había referencias escritas na historia de Galicia. “Este é o Couto Mixto, unha Andorra galega”, díxome, nada máis botarmos os pés fóra do coche. Percorrimos algúns camiños no que albisquei o rastro escuro daquela historia. Cando rematamos a andaina levoume a xantar a Allariz. Como observaba que eu apenas falara, quixo saber o meu parecer: que podemos facer por este patrimonio?

Lembro que nunha servilleta de papel describín un plan para afrontar unha tarefa........

© La Región


Get it on Google Play