O divorcio na esquerda española
Podemos quitou nas eleccións estatais deste verán cinco deputados dos trinta e un obtidos pola coalición Sumar artellada arredor da persoa de Yolanda Díaz. A súa saída do grupo parlamentario yolandista, a ruptura das relacións interpersoais entre as persoas referentes dunhas e outras e máis a gravidade das mutuas adxectivacións amosan nidiamente que o divorcio é definitivo. Nas vindeiras eleccións europeas de 2024 han comparecer en distintas candidaturas.
Podemos soubo ler a xeito o movemento do 15-M que impugnou na altura da Grande Recesión as deficiencias democráticas dun sistema constitucional alicerzado no bipartidismo dinástico PP-PSOE, coa Coroa como clave de bóveda. De primeiras quixeron enxergar unha plataforma transversal alicerzada........
© La Región
visit website