Non era isto
O proceso de decisión en diferido aberto por Sánchez Pérez-Castejón o pasado mércores era arriscado en termos de creto internacional e mesmo de desgaste político. Malia todo, era moi difícil non empatizar co político madrileño diante da enxurrada de ataques persoais sofridos pola súa dona, agravados coa admisión a trámite polo xuiz de instrución nº 41 de Madrid dunha querela redixida por unha organización extremista(Manos Limpias) que se estreou hai 20 anos contra o presidente do parlamento vasco Juan Mari Atutxa e contra a plataforma Nunca Máis. Unha querela só baseada en novas de prensa e, xa que logo, inhábil segundo reiiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo para abrir unha investigación criminal.
Certo é que tanto Sánchez como o PSOE asistiran con certa pasividade e mesmo, ás veces, aberta complicidade á desaquelada persecución xudicial dos líderes soberanistas cataláns dende 2014, á deshumanización sofrida polo president Puigdemont e por Pablo Iglesias, a lawfare sofrida por Mónica Oltra (Compromís) e polo propio Atutxa (PNV) e........
© La Región
visit website