Fusionarmos concellos ou consorciarmos servizos?
Expertos das tres Universidades galegas e da prestixiosa Fundación Juana de Vega entregáronnle á Xunta de Galicia un estudo que lles encargou a respecto da planta local e da eventual viabilidade da fusión de concellos.
Do texto deste informe sabemos dúas cousas relevantes que diverxen substancialmente da atención da Xunta e do PPdeG só a respecto das fusións de concellos. Por unha banda seica limita substancialmente o ámbito do posíbel a respecto destas fusións a unha casuística que non acada nin a trinta concellos do País, mentres desbotan radicalmente a fusión de concellos limítrofes que poidan xerar concellos resultantes moi extensos e, malia sumar este, este e aquel, aínda moi pouco poboados, como podería ser, só a xeito de exemplos, a fusión dos concellos da montaña dos Ancares (As Nogais, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro...) e os do sur da extrema leste deste país (Carballeda de Valdeorras, O Bolo, A Veiga. Manzaneda e Viana........
© La Región
visit website