Aa
Aa
Aa
-
A
+
Agravios á cidadanía galega
Nunha moi recente comparecencia perante o Congreso, o ministro responsábel da mobilidade, Óscar Puente, recoñeceu o gravísimo agravio comparativo de que os galegos teñamos a nosa rúa maior, a AP-9, de máis de 200 kms de lonxitude, suxeita a peaxe, mentres noutros territorios (na súa Castela ou na Andalucía) empresas e persoas consumidoras transpórtanse por autovías libres de portaxe.
Puente denunciou, con razón, que a situación actual xurdiu das malfadadas medidas dun goberno do PP (o segundo goberno do aznarato) que, entre 2000 e 2003, primeiro alongou 25 anos a vixencia da concesión (de agosto 2023 a agosto 2048) e logo privatizou a autoestrada, xusto despois de recibir semellante revalorización polo agasallo do propio Goberno do........
© La Región
visit website