Quesada Blanco, exposición in memoriam
O dezanove do mes de Nadal de 1974 comeza a respirar o fillo de María Xesús, arquitecta, natural do Carballiño, e de Xaime, o artista Quessada, de Ourense, cidade na que naceu e ao que poñen por nome Jaime José. E con trinta e un anos, en 2006, o vinte e un de xuño, deixaba de facelo na casa dos pais, onde vivía en Paradela Vilar d’Astrés, parroquia ao N. do concello capitalino. Trinta e un anos e medio a súa vida, un lóstrego entre dúas escuridades, como escribira Aleixandre.
Expóñense agora na sala municipal poeta José Ángel Valente as obras da traxectoria do prometedor artista, na que se amosan obras dende os comezos rebuldeiros arredor de Franz Marc, falecido en Verdun, a cruelísima batalla da Gran Guerra, un expresionista simbólico-cromático do grupo Der blaue reiter, que fundara con........
© La Región
visit website