O gravador Poldras na rúa da Paz, cabeza dos negocios emblemáticos
Noticia é que Xosé Poldras (Xosé Manuel Rodríguez Alonso, n. 1969, A Coruña), gravador e doutor na súa especialidade, faga unha mostra con acuarelas na súa maioría. Elas falan tamén dende o papel, mais con pincel, obras que amosa en sala por vez primeira, por máis que as fora espallando na net nos últimos meses. Son retratos e figuras de xente, algunha delas de costas, as que pon títulos breves, caso de Mande?, que leva un paraugas aberto, un trebello do máis útil nos pasados meses de inverno e primavera, nos que até as pedras estaban verdes pola cantidade de choiva que caeu. Hainas, como Chaquetas e Veoveo, un tout en face e un derrière, respectivamente; Encosta, muller con mochila, e Rapa, que alude ao corte de pelo. Nelas o artista traballa as expresións corporais dende a liña e resolve co........
© La Región
visit website