A nova imaxe de Ourense nunha exposición fulcral
Ourense no Tempo ateiga nos dous andares da sala de Afundación unha mostra de esencias de Ourense cidade, máis de cen escollidas pezas, con documentos de arquivo e achados arqueolóxicos, lectura para iniciados con breves e explícitas cartelas que axudan a contextualizalas. Eis un discurso narrativo no que as imaxes son miliarios de memoria do noso burgo de asentamento romano e medieval, arredor das augas salutíferas. As imaxinativas imaxes de Miguel Robledo dos mananciais das augas quentes minero-medicinais das Burgas, traballo secuencial que conclúe coa monumental Burga decimonónica de abaixo como marca de auga da cidade actual, e o seu skyline por tras, dende o ciborio e a torre das campás da catedral, na Idade Moderna, á torre de Alés Reinlein de finais dos anos da década de 1960. E con........
© La Región
visit website