Xustiza artificial
Con respecto aos anos anteriores, no 2024 non se bateu o record de presenza galega en pantalla grande pero, sí, o cinema galego confirmou o bo momento que está a vivir a través de diferentes miradas e formatos: a excelencia dunha cinematografía nas súas múltiples expresións. Honeymoon de Enrique Otero, Cuñados de Luís Avilés ou As Neves de Sonia Méndez – esta última xa dispoñible en HBO Max - son algúns dos títulos que chegaron ao cine este ano. Mentres, na pequena pantalla destacan series de éxito como El caso Asunta de Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta e David Orea, Marbella dirixida por Dani de la Torre ou a terceira e última tempada de Rapa dirixida por Jorge Coira e que acaba de estrearse en Movistar .
A última película galega en chegar á pantalla grande é Justicia artificial dirixida por Simón Casal, producida por Abano Producions de Chelo Loureiro. Nos seus traballos anteriores, que van desde o formato televisivo ao cinematográfico, entre o documental e a ficción, Casal, sempre demostrou un interese pola Historia e tamén pola contemporaneidade. Con Eduardo Barreiros, el Henry Ford español (2011), contou a vida do coñecido empresario ourensán, mentres en Lobos Sucios (2016) inspirábase nas historias reais de........
© La Región
visit website