Un novo “true crime”
Estamos a vivir unha auténtica saturación -en cines como en plataformas dixitais– de obras que retratan a psicópatas, asasinos en serie, abusadores, manipuladores, acosadores, ou de perfís que xuntan nunha soa persoa varias destas condutas perversas. Se o cine é antes de todo unha expresión cultural, artística, dos tempos que estamos a vivir, dos sentimentos dunha sociedade, cal sería o cadro que se está dando fronte desta enorme demanda?
As cifras falan claro: o “true crime” funciona. O público quere e desfruta destas narracións. O negocio é redondo aínda que, en moitos casos, a máis sacrificada resulta ser a narración, sobre todo cando o morbo predomina sobre calquera reflexión.
Neste panorama sinistro, moi esperada estaba a estrea da nova serie de Ryan Murphy e Ian Brennan, creadores dun dos “true crime” máis notables dos últimos anos, “Monstruo: La Historia de Jeffrey Dahmer”. Quizais necesitabamos a serie “Monstruos: La historia de Lyle y Erik Menéndez”, para volver a restablecer os confíns........
© La Región
visit website