Non fales con estraños
Fidarsi è bene, non fidarsi è meglio’. É un refrán italiano sobre a confianza, que podería ser traducido mais o menos así:”Está ben fiarse, pero desconfiar aínda está mellor”. Un equivalente español, cuxa orixe atópase na biblia, podería ser: “fiarse é cobre, non fiarse é ouro” No fondo é un concepto que podería valer para encadrar o filme de James Watkins, No hables con extraños, remake da thriller danés Speak No Evil dirixida por Christian Tadrup.
A miña experiencia como espectador, faime desconfiar bastante dos “remake made in Hollywood” sobre todo nos de terror ou nos thriller de culto underground. Na maioría dos casos a industria reconverte estes pequenos e merecidos éxitos - as veces de ascendencia europea - nunha mala copia, que traizoa profundamente a idea orixinal. O elenco de despropósitos sería longuísimo. Pero non sempre é así. Hai remakes que resultaron ser, mellores que os orixinais. Uns que me saen á cabeza son Insomino (2002) de Christopher Nolan, que se inspirou na xa notable Insomnia........
© La Región
visit website