menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

La habitación de al lado

10 0
01.11.2024


La habitación de al lado de Pedro Almodóvar é a película número 23 do director e foi o León de Ouro no último Festival de Venecia. O director manchego levaba tempo querendo filmar unha película en lingua inglesa, anunciouno oficialmente durante o Festival de Cannes do 2023 e ao principio do ano seguinte xa tiña asegurado a maioría do reparto e as datas da rodaxe. A historia do filme vira arredor de Ingrid (Julianne Moore), novelista de autoficción, e Martha (Tilda Swinton), reporteira de guerra. Ambas foron moi amigas na mocidade, traballaron na mesma revista, e volven atoparse nunha situación extrema.

La habitación de al lado, quizais polos escenarios estadounidenses, é a película de Almodóvar onde se aprecia máis a influencia de Douglas Sirk. Aínda máis pola presencia de Moore, a musa de Todd Haynes - outro director consagrado ao melodrama de Sirk. Pero o filme bebe tamén do cine europeo, de Ingmar Bergman sobre todo, tanto nos temas tratados como a nivel formal. La habitación de al lado é un filme de primeiros........

© La Región


Get it on Google Play