Joker 2: tolemia compartida
Despois dunha espera de cinco anos, chega as salas de cine a secuela do Joker de Todd Phillips, Folie à Deux, que tivo a súa estrea oficial no Festival de Venecia.
A “folie à deux” é un trastorno psicótico. Conéctase dunha persoa a outra e revélase, normalmente, cando os individuos afectados viven próximos, ademais de estar illados socialmente. Cando chega a involucrar un gran número de persoas, convértese en “histeria colectiva”. Nesta secuela Todd Phillips, a “folie à deux” do título, manifestase en distintos niveis, entre o propio director e a súa criatura, entre os protagonistas Arthur Fleck/Joker e Lee Quinzel/Harley Quinn, convértese en histeria colectiva a través da sociedade do espectáculo e, xa rompendo a cuarta parede, inclúe a relación entre o filme e os espectadores – ata donde estamos dispostos a deixarnos contaxiar por esta tolemia?
En Joker: Folie à Deux, Phillips retoma a historia onde a deixou. Despois de varios asasinatos e tras crear o caos en Gotham, Arthur Fleck atopase internado na prisión de Arkham á espera do xuízo polos seus crimes. Mentres lida coa súa dobre identidade, Arthur comeza un romance cunha reclusa voluntaria e, grazas a ela, brotan ao exterior unhas melodías que sempre estiveron gardadas........
© La Región
visit website