Dogman
Apareceu nunha carteleira estival sen moita chispa o último filme de Luc Besson. Presentado a concurso na última edición do Festival de Cine de Venecia, leva o mesmo título doutro ‘thriller canino’ - Dogman (2018) de Matteo Garrone - pero ten pouco en común con el.
Despois de enfilar durante máis unha década unha serie de películas non memorables como Anna (2019), Lucy (2014) ou Malavita (2013) e unhas incursións na animación protagonizadas por Arthur e os Minymois, Luc Besson volve a ao thriller que o consagrou diante da crítica e do público de todo o mundo. Aínda que Dogman non esté aos niveis de Nikita (1990) ou León (1994) o filme parece ter chegado desde aquela época a partir da ambientación e a fotografía vintage.
O filme segue os pasos de Douglas, un home maltratado polo seu pai e o seu irmán durante a súa infancia e que atopa a salvación grazas ao amor incondicional dos seus cans. Tras un pasado cheo de abusos e dor, Douglas intenta atopar un camiño, levando unha vida ao marxe da sociedade, pero sempre rodeado das........
© La Región
visit website