Calladita
A regulación da lexislación das empregadas do fogar e das traballadoras que se dedican ao coidado, volve de actualidade. No pasado próximo, houbo xa varias miradas, sobre todo iberoamericanas, sobre esta realidade laboral, intentando dignificar unha profesión moi presente na nosa sociedade pero, na maioría dos casos, moi pouco dignificada. En España, documentais como En otra casa (2015) ou Cuidar entre tierras (2020) abriron unha brecha falando sobre todo do movemento migratorio relacionado con estas mulleres, pero o director Miguel Faus é o primeiro español en crear unha ficción sólida arredor destes temas.
O cineasta catalán converte en longametraxe a súa anterior e xeitosa curtametraxe, Calladita, mantendo o mesmo título e a súa protagonista, a........
© La Región
visit website