2023: claqueta final
29 de decembro, tempo de rebobinar e facer balance. O 2023 foi sen dúbida o ano do cine galego. Xa no 2022 as películas galegas bateron o récord de presenza na carteleira do cinema comercial. Pero este ano foi aínda máis especial. Nos primeiros meses estreáronse Matria de Álvaro Gago e Sica de Carla Subirana, despois do seus pasos xeitosos na Berlinale. Especialmente o primeiro, un drama social cunha extraordinaria interpretación de María Vázquez, chegou a máis de 100 salas ademais das proxeccións en festivais internacionais. O corno foi o outro gran logro do cine galego deste ano. A segunda longametraxe de Jaione Camborda gañou unha histórica Concha de Ouro no Festival de San Sebastián. Converteuse no terceiro filme rodado en galego con máis espectadores en salas, contabilizando mais de 50.000 espectadores en cines. Protagonizada por Janet Novás, O corno é unha película fronteiriza, está ambientada no tardofranquismo pero diáloga coa actualidade. É unha película mamífera e visceral e un imno á sororidade.
No mes de maio estreóuse Fatum de Juan Galiñanes, un thriller adrenalínico, que balancéase entre entretemento e drama. Salta!, unha entretida dramedia familiar de ciencia ficción cun toque nostálxico dirixida por Olga Osorio, chegou as salas de cine en........
© La Región
visit website