‘Horizon’: a conquista do Oeste
Kevin Costner regresa á gran pantalla. Hai máis de 30 anos do éxito mundial de Bailando con lobos (1990) e do paréntese televisivo de Yellowstone. Volve cun maxiproxecto, unha monumental saga cinematográfica sobre as raíces do soño americano, sobre os fundamentos do nacemento dunha nación. Horizon – Capítulo 1, é o primeiro filme dunha odisea americana de catro películas. Costner levaba tres décadas querendo facer realidade este proxecto. Na dificultade de atopar financiamento hipotecou 40.000 m2 das súas propiedades e a maior parte dos seus aforros, cunha inversión persoal que superará os 1.000 millóns de euros ao acabar a cuarta parte. Si, porque de momento só están rodados dous capítulos, mentres os últimos dous están aínda por finalizar na esperanza que as primeiras dúas longametraxes recuperen parte da inversión. Así que esta primeira parte de Horizon é unha especie de episodio piloto, un primeiro acto dunha crónica que........
© La Región
visit website