Dous congresos, dúas alternativas
Non, non todos son iguais. Unha das críticas que se adoita endilgar aos políticos cando se intenta desprestixialos por non estar satisfeitos ca súa xestión é acusalos de que “son todos iguais”. Ou sexa, polos a todos no mesmo saco. Neme, como non está de acordo con tal aseveración, salta coma un raio e contesta “non, non é certo”. O que si é verdade é que a confusión existe, e está propiciada polos propios partidos e os seus líderes. Ocorre que hai formacións políticas que concorren ás eleccións cun programa, pero o explican a súa maneira, segundo territorio e escenario no que se atopan, con tal de que favoreza a consecución do voto; xa pasado o trance electoral, entón aplican a ideoloxía. Conseguintemente ao día despois das eleccións cambian a faciana, e impera o que realmente representan esas formacións. Primeiro bos resultados, despois a ideoloxía.
No intervalo dunha semana celebrou o 16º congreso........© La Región
visit website