Os 200 anos da Policía Nacional
A Policía Nacional celebra hoxe o día do seu patrón, os Anxos Custodios, e faino no ano no que se conmemora o 200 aniversario da institución. Un corpo que foi evolucionando e que se caracteriza pola vocación de servizo público dos axentes que integran a “familia azul”. A cercanía coa que os homes e mulleres da Policía Nacional levan a cabo o seu cometido provoca que conte cunha alta valoración por parte da cidadanía. Os radiopatrullas, sempre prestos para acudir a calquera requerimento do 091, son a cara visible da Policía nunha labor compartida con outros grupos de seguridade cidadá e do resto de brigadas.
Tan importante é a función dos axentes que prestan servizo no DNI, na Subdelegación ou no posto de Seguridade da Comisaría Provincial de Ourense, como a dos que acoden á escena dun roubo con forza a realizar a correspondente inspección técnica que culmine coa identificación do autor por pegadas ou outros vestixios.
A recollida de denuncias na ODAC supón o punto de inicio, en moitas ocasións, dunha investigación. O trato esmerado co prexudicado ou coas testemuñas é un valor engadido do servizo de denuncias e atención ó cidadán.
Dentro da Brigada de........
© La Región
visit website