O reino galego dos suevos
Cando un povo ignora a súa historia hipoteca unha boa parte do seu futuro, porque perde valores, aprecio do propio. A Galiza ten unha rica historia, ateigada de feitos heroicos (e tamén de derrotas), como lle sucedeu a todos os povos, aínda que non na mesma porcentaxe e intensidade. Que sexan máis unhas que outras non fai a unha nación, a unha lingua, a unha cultura, mellor e máis necesaria. Todas son unha contribución á riqueza da humanidade. Mais, no noso país hai que vencer mil atrancos e eivas, por séculos de dependencia pra tratar o tema con normalidade.
No ámbito histórico, como non lembrar que no ano 409 a tribo xermánica dos suevos chegaba á Gallaecia despois de asinar un acordo co Imperio Romano, un foedus, polo que recibían terras nos tres conventos do noroeste (Braga, Lugo e Astorga). Mentres que os vándalos asdingos ocuparon a Gallaecia interior (Castela a Vella) e os alanos e vándalos silingos a Lusitania. De vagar os suevos fóronse........
© La Región
visit website