Non abonda con reducir a xornada
Aínda que a CEOE e Cepyme rexeita en principio tratar co Governo central e máis os sindicatos sistémicos (CCOO e UGT) a redución da xornada laboral non está claro que esta sexa a postura definitiva da patronal. Todo indica que dependerá das contrapartidas. A proposta do Ministerio de Traballo é un pequeno paso adiante pra clase traballadora, sen grandes custes pra patronal, xa que a xornada media nos convenios xa está hoxe en 38,3 hs semanais e reducirase as 37 1/2 horas a partires do vindeiro ano.
Tampouco se pode descartar que se aprobe a redución da xornada mesmo coa oposición da patronal, xa que como xa se dixo a rebaixa horaria non é tan significativa, e os beneficios das grandes empresas non deixan de medrar. Aínda que poda haber sectores da pequena empresa e autónomos/as que se vexan afectados con cambios mínimos polo grao de centralización e concentración da riqueza nesta etapa do capitalismo. En todo........
© La Región
visit website