Neoliberalismo e a loita das ideas
Hai dúas décadas o intelectual norteamericano James Petras, no artigo “O imperialismo cultural no finado século XX”, analizaba o proceso de asimilación que no eido da cultura e o comportamento social estábase a dar en paralelo á globalización neoliberal no económico. Dicía:“O imperialismo non pode ser entendido só como un sistema económico-militar de control e explotación. A dominación cultural é unha dimensión integrante de calquera sistema sustentábel de explotación global... En relación ao Terceiro Mundo, o imperialismo cultural pode ser definido como a penetración sistemática e a dominación da vida cultural das clases populares pola clase dirixente de Occidente a fin de reordenar valores, comportamentos, as institucións e a identidade dos povos oprimidos...”.
Resulta evidente que a globalización, a revolución nas comunicacións dixitais, esmagou aínda máis as defensas tradicionais que os povos dependentes e........
© La Región
visit website