Milei alenta a confrontación e o espectáculo
A porcentaxe de pobres na Arxentina non deixa de medrar, foi do 48% en decembro do ano pasado, do 56% en xaneiro deste ano e calculase que dun 61% en febreiro. Son datos que amosan como bule a caída do poder adquisitivo da povoación. No pasado mes de xaneiro baixaron as vendas no comercio polo miúdo un 28,5% inter-anual, e como é lóxico tamén caeu a recadación de impostos, como o IVE, e os ingresos por achegas á seguridade social. Unha desfeita. Que Milei e os seus partidarios, e por suposto os grupos económicos beneficiados, pretenden compensar cun superávit nos orzamentos, como consecuencia de que se conxelaron ou diminuíron os servizos e prestacións públicas, exercidas polo Estado ou as provincias, lembremos que se trata dunha federación.
Dado que unha gran parte dos servizo esenciais, como educación e sanidade, son prestados polas provincias a falta de recursos pra súa xestión, xa que non foron transferidos polo Governo central,........
© La Región
visit website