Galiza é onde máis medra a produtividade
As valoracións cando son parciais, tanto no tempo como se teñen un carácter sectorial, non poucas veces son instrumentalizadas pra dar unha visión optimista ou pesimista, especialmente pra o primeiro, respecto da situación socio-económica de Galiza. Por exemplo, hai uns días afirmábase que noso país foi a nacionalidade-autonomía que máis medrou en produtividade no Estado español na última década (da que temos datos estatísticos sobre o tema -2013-2022-). Sen dúbida é un dato moi positivo, se non fose porque nese mesmo período a povoación galega foi a menos, tanto pola forte caída da natalidade, como por unha emigración que segue empurrando ao exterior a unha parte da mocidade formada e necesaria pra o desenvolvemento interno; e a inmigración non pode compensar este recuar malia que cada vez sexa máis numerosa.
En concreto, se ampliamos o foco, vemos que entre o ano 2013 e 2022 a povoación galega pasou de........
© La Región
visit website