Confrontando no límite
Neste intre hai varias guerras que están no límite, especialmente a da Ucraína e Gaza-Israel, ás que se podería sumar a confrontación nos países do Sáhel (Malí, Burquina Faso, Níxer...), mesmo noutros como Sudán e Libia. Todas elas teñen un forte vencello coa disputa entre o vello imperialismo hexemónico, unipolar, e as potencias emerxentes e nacións periferias que queren exercer súa soberanía, nun mundo multipolar. A iniciativa no plano económico está nas potencias emerxentes, polo que, vendo en perigo un marco de privilexio o G-7 OTAN impuxeron unha agresiva estratexia no plano militar e das sancións (económica, financeiras,...), e no relato coa intención de reverter a tendencia da última década, que resultou tan negativa pra “occidente” polo que cuestiona a súa hexemonía, mesmo nunha globalización (neoliberal) feita á súa medida.
Un pacto que non deixe en evidencia a debilidade militar de “occidente”. Porén, esta folla de ruta non só ten uns enormes perigos pra Ucraína,........
© La Región
visit website