Concentración e centralización do capital e do poder
O debate político, que debía estar centrado na situación socioeconómica, no respecto polos dereitos colectivos e individuais (ecoloxía, igualdade, respecto pola diversidade, xustiza social, soberanía nacional...) que son a preocupación da gran maioría da povoación, aquela que cada vez lle custa máis chegar a final de mes, non é así, xa que están nun segundo plano ou trátanse esquematicamente. Isto tamén sucede respecto á urxencia dun novo marco nas relacións entre Cataluña, Euskadi, Galiza con aquelas outras nacionalidades ou autonomías do Estado español. Porén as forzas dominantes todo o queren reducir a ruptura ou submisión, mentres ceden competencias á Unión Europea e se decide entrar indirectamente na guerra entre Rusia e a Ucraína OTAN e multiplicar o gasto en defensa como se fosen tramites administrativos.
A polémica hoxe está centrada en superar a conxuntura con análises parciais e cuestións de forma........
© La Región
visit website