Alentar a guerra... pra gañar tempo?
Hai uns días o Governo español deu un paso máis na súa implicación no conflito armado entre a Federación Rusa (FR) e a Ucraína, asinado acordos que comprometen cada vez máis nesta guerra (na que a OTAN, está metida de xeito indirecto e polo tanto o Estado Español). Todo indica, que tanto as sancións de “occidente” contra a FR como a confrontación sobre o terreo non vai por onde Estados Unidos (USA) e aliados quixeran. A economía Rusa medrou un 3,6% no ano 2023, mentres que por exemplo Alemaña, a locomotora da Unión Europea (UE), recuaba un chisco seu PIB (-03%) e neste ano seica terá un crecemento de só un 0,3%. E no aspecto militar o exército ruso foi tomando cidades claves e avanza de vagar en todas as zonas de liña de fronte, amosando unha superioridade en artillería, control aéreo, tropas e voluntarios, respecto da Ucraína, malia o aumento do apoio da OTAN tanto en armamento como en información dos movementos sobre o terreo ou........
© La Región
visit website