A folga xeral galega de febreiro do 84
Este mes cúmprense catro décadas da primeira folga nacional galega, posterior á 2ª República. Antes realizouse a folga de 1932 contra o despedimento na Construtora Naval de gran parte do cadro de persoal, así como por exemplo o paro de 1917 que abrangueu a todo o Estado español. O paro de 1984 tivo como detonante o desmantelamento do sector naval, especialmente na Galiza, aínda que tamén había outras razóns de fundo, como: a desindustrialización e desfeita do agro e pesca, e a secular discriminación. O paro convocouse o 14 de febreiro pola INTG, CCOO e UGT nas comarcas de Vigo e Ferrol, que estaban máis directamente atinxidas pola “reconversión naval”, e a Intersindical Nacional de Traballadores Galegos, antecedente da CIG, estendeuno a toda Galiza.
A folga foi un éxito total en Vigo e Ferrol. Mesmo na primeira das cidades os xornais daban 300.000 persoas na manifestación; superando deste xeito a do 15 de abril de 1983........
© La Región
visit website