Unha distinción moi merecida
No medio da seca cultural que hai nesta capital sen mar, neste deserto ourensán por onde pasa o pai Miño, que nazan iniciativas culturais sempre é unha boa nova. Na lembranza está o desaparecido premio Toxo e Morogo, que deixa tras de si moitos momentos de ledicia para os galardoados co Morogo e espiñas, e máis dunha anécdota para os que levaban o Toxo.
Pois ben, esta nova distinción que nace baixo o amparo dun local de conversas e de lecer onde se tecen amizades que poden chegar a seren amoríos, e que se chama premio Ceres, ten como emblema un dos froitos máis queridos nesta terra: o millo, planta abundante e fermosa que é sinal de riqueza e de fartura, e, pola contra, o carozo que é a espiga seca sen grao nin alimento que soamente valía para queimar no lume. Este premio, sen dotación económica, pero con moito valor cultural, estréase nesta vella Auria galardoando a un home que traballa pola cultura dende hai moitos anos e,........
© La Región
visit website