Un amago de moción
Parece que Jácome respira e case se ri de todos os compoñentes da corporación deste noso Concello. Un simple amago de moción na Deputación chegou para que os populares colleran medo a perder parte do poder e apoiaran todas as modificacións de creto que propoñía o atrevido e pintoresco alcalde. E visto o panorama que hai no Concello, véñenme a memoria as verbas que me dixeron persoas as que teño en grande estima non so pola súas opinións: Jácome é o máis atrevido e xoga as súas bazas mellor cós populares e co resto da oposición.
O que acontece nesta cidade é pra ollalo con tristura e case chorar. Vexamos: todos os compoñentes da corporación, agás os que seguen no grupo de DO, están contra un alcalde que, despois dos desvaríos, insultos e da súa maneira atrevida de gobernar, mófase dos que o apoian e tamén dos outros. Un persoeiro que ten no seu haber deixar tirados ós populares despois que lle aprobaran os presupostos e seguir no poder con tres membros do seu partido case tres anos merece o adxectivo de ser unha........
© La Región
visit website