Tempo de charlatáns e predicadores
Como acontece en case todas as eleccións, sempre hai sorpresas que chaman moito a atención. Uns grupos melloran os resultados e outros minguan ou, se o prefiren, fenecen. Mais nestas derradeiras europeas, a sorpresa maior deuna unha candidatura que, polo nome, parecía ser unha chanza máis ca un proxecto político. Ben sei que a política ten moito de saber falar e convencer ós votantes, ten moito de saber vender o que propós e ate de engaiolar ós cidadáns acudindo á tocarlle fibra das emocións que sempre camiñan á contra de sopesar as propostas e, en resumo, van á contra do sentido común e a racionalidade. Mais nunca pensei que propondo fume e contando catro trolas podería chegarse tan lonxe. Con todo, e cós anos que levamos de democracia, tampouco maxinei que un charlatán dicindo e berrando catro cousas e sen ter un partido de apoio engaiolara a oitocentos mil votantes. Tampouco pensei que o tempo dos predicadores que circulan por........
© La Región
visit website