Os Bacelos de Prata 2024
O sábado pasado en Esposende, Concello de Ribadavia, fíxose a entrega dos Bacelos de Prata de 2024. Como xa é de costume o acto estivo cheo de sobriedade e certo sabor rural. Nel, nun ton moi amabel pero reivindicativo, premiouse a dúas empresas vinculadas ó mundo do sector primario que foron: A adega Pazo Lalón e Kalekói. Esta dúas marcas foron galardoadas polo seu dobre compromiso: a calidade dos seus produtos e a promoción e o etiquetado na lingua de Rosalía. A primeira, polos seus viños de gran calidade e, a segunda polo seu leite e derivados que comercializa con grande éxito. Foi un acto moi sinxelo, mais cheo de calidade onde a música, moi escollida, da man de María do Ceo e os seus acompañantes, intercalada coas diversas intervencións deulle a esta entrega un calor poético e fermoso. As diversas intervencións dos distintos oradores amosaron unha boa mostra do nivel e dos obxectivos que se perseguen nestes premios.
Polo que os Bacelos de Prata son xa unha cita que anos tras ano consolídase e abre portas dunha maneira moi........
© La Región
visit website