menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Obxectivo: mercar o voto

10 0
yesterday

Eu, como tantos galegos, sei que o voto no exterior, nalgúns casos, acadouse dando 50 euros por sufraxio. Iso fíxose hai anos coa xente da emigración alá na Arxentina. Tamén escoitamos nos primeiros tempos da democracia falar da carretaxe de votantes no rural, ós que se lle daba o sobre coa papeleta que tiñan que meter na urna. Tamén podería contar de como se controlaba en moitas mesas o voto nesas zonas. Con todo, nunca soubemos que nesta terra lle deran cartos a ninguén por emitir o sufraxio.

Pasados os anos, admitindo todas esas pequenas anomalías, moitos decatámonos de que o voto con carretaxe ou sen ela nesta terra é libre e ten unha forte implantación a prol dos conservadores. Tamén lembro cando en todo o Estado mirábase cara os EEUU con certa admiración, pois seica era o país a copiar da democracia. Era o modelo a seguir. Mais, como no mundo non hai nada que sexa eterno e perenne, hai culturas e países que eran........

© La Región