Música de calidade
Nesta sociedade, cada xornada máis invadida polo ruído e pola música do decibelio festivo, barullo que soamente incita á diversión e o consumo acrítico sen máis, escoitar algo que estimula os oídos, que respire beleza e creatividade, resulta moi gratificante.
Capela Madrigalista, coro ourensán que naceu na década dos setenta do século pasado e que ten unha longa historia nesta cidade e provincia, formación pola que pasaron moitos ourensáns animosos do canto coral e varios directores que a mantiveron moi activa no tempo, ofreceu un concerto organizado pola plataforma Queremos UPO na igrexa dos Franciscanos o 20 do mes que andamos. Coa igrexa chea, este coro que se denomina “de cámara”, desenvolveu un programa moi variado, que abrangueu dende Mozart e autores de distintos procedencias e estilos ate........
© La Región
visit website