Financiamiento singular
Cando se fala de que Cataluña terá un financiamento singular e o grupo maioritario da oposición en Galicia reclama un trato semellante para esta nacionalidade histórica, penso que é moi clarificador entender que o réxime das autonomías, que naceu da Constitución do 78, permitiu unha descentralización política e administrativa, mais non permitiu, coa excepción de Euskadi e Navarra, a descentralización económica. Calquera empresa que opera nese Estado pode ter a sede, e polo tanto pagar os impostos, onde ten o domicilio fiscal e, pola contra, facer a súa actividade comercial ou extraer as materias primas ou a enerxía noutra provincia ou comunidade distinta a onde cotiza. Esta situación non beneficia ós cidadáns deses lugares por esas actividades.
Esto trae consigo que tanto Madrid como Barcelona e outra provincias importantes acaden unha suma de cartos que incentiva que eses centros económicos medren, e as provincias........
© La Región
visit website