Denunciar para acadar obxectivos políticos
O caso de Mónica Oltra non foi nin será o derradeiro. Denunciar tentando acadar réditos políticos seguro que seguirá existindo, e sempre haberá xente da vida partidaria que facendo esas manganchas terá aliados nalgunha prensa para tentar influir na opinión da cidadanía e mudar o sentido do voto.
Facer ver que todo é corrupción sempre foi un obxectivo que a dereita empregou con moita frecuencia. Aínda que lle afecta, é moito, o seu electorado apenas o penaliza, mentres que na esquerda eso págase coa perda de moitos apoios. Non hai moito tempo aconteceu no veciño Portugal co primeiro ministro, António Costa, e despois da dimisión dese señor e a convocatoria de eleccións chegou un cambio de tendencia que favoreceu ós conservadores e auponos ó poder na república veciña.
Nesta cidade tamén aconteceu algo semellante co bipartito hai uns cantos anos. As imputacións da man da........
© La Región
visit website