As receitas do da motoserra
Alguén cun chisco de sentido común nesta vella Europa imaxina un candidato que, na campaña electoral, apareza cunha motoserra lanzando a súa oferta política? Penso que non. Facer comparacións do que acontece nesta parte do mundo co que pasa no outro lado do charco non parece axeitado. Con todo, aínda que sexa chocante, moi mal teñen que ir as cousas no país austral para que a desesperación leve a poñer a un ultraliberal charlatán na presidencia.
Son dos que pensa que a igualdade social total entre os humanos nunca chegará a ser realidade. Gozando das liberdades actuais e da protección da lei, hai quen quere sacrificarse para acadar unha meta, e hai quen non está disposto a esforzarse para mellorar a súa existencia e traballar para o seu sustento. Mais, como non hai un sistema político perfecto, calquera das ofertas políticas actuais levadas a cabo na súa totalidade sempre creará situacións de marxinación e desigualdade social. Parece axeitado que, nunha serie de cuestións básicas, os seres........
© La Región
visit website