menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un querubín con mando

5 0
16.11.2024

Xa de volta de Bos Aires, Atheán comprobou que o seu supervisor marchara cara a outras latitudes. Unha vez liberado do comisario político que lle enviaran de arriba, o anxo minguou as súas aparicións corpóreas e botou unha boa tempada dedicado a tarefas propias da xerarquía celestial.

Noutronte mesmo, apareceu corpóreo. Viña con trazas xuvenís e acompañábao un rapazolo ó que lle botei oito ou nove anos. Feitiño e redondo de cara, notábase nil un rictus e un comportamento nada infantíl. Seriote, esulcando de arriba a abaixo, a xente que pasaba ó seu arredor. Quedaramos, como non, en Ourense, diante da igrexa de Santa Eufemia do Centro, no cruce entre a rúa Lamas Carbajal e a praza de Santa Eufemia.

Seica neste templo foi onde o perito agrimensor,........

© La Región


Get it on Google Play