O anxo Atheán | Encontro
Mediados os setenta do pasado século, Blanco-Amor andaba dándolle voltas a unha novela que se ía titular A casa de Lot. Cursaba eu daquela Filoloxía inglesa na USC e, pola miña condición de arxentino, sumada á temperá vocación literaria, fun forxando amizade co autor d´A esmorga. Viamonos en Compostela e, cando había algunha actividade na Asociación Cultural, en Vigo. Algo en Ourense.
Podíame a ansia, normal nos vintepico, e pregúntaballe a Eduardo en que xornal podería colaborar. Sempre me contestaba igual: “ Empieza en La Región, yo hablo con Outeiriño”. O veterano escritor, a pesar de que eu lle falase galego acotío, rara vez contestaba na lingua propia, só diante de terceiras persoas que o empregaban con il. Rabeaba eu, mais non lle dicía........
© La Región
visit website