Aa
Aa
Aa
-
A
+
Bocexa un carballo
Logo dunha semana de ausencia, Atheán presentóuseme na casa. Recibino con alegría. Notei nil -viña en forma corpórea e co pelo revolto, máis ben espeluxado- que traía consigo malas pulgas. Nin chisca do seu entusiasmo habitual e adiantando que non ía parar porque tiña moita présa. Escadasi, como o serán era espléndido, aceptou a miña proposta de darmos un paseo pola Fraga dos Viriños. Mesta carballeira da que temos gozado en longas camiñatas, falando do divino e do humano. Postos ó camiño, apenas demos fala. Nunha revolta, desapareceu. Supuxen que se trataba dunha das súas exhibicións; sobre todo cando sofre o mal da morriña. Seguín andando e o espectáculo que contemplei foi abondo fermoso. Puiden ver como Atheán, moi amigo........
© La Región
visit website