Azazel, o caído
O meu amigo Atheán desconcértame, cada vez máis a miúdo. Dada a súa capacidade para ser símbolo das funcións humanas, sublimadas ou de aspiracións insatisfeitas -en simbólica os opostos cadran e coinciden exactos-, -colleulle gusto a mudar de rostro, de corpo e vestimenta. A verdade é que me custa identificalo, ata que se achega e fala. Iso si, comigo sempre en galego. Tanto aparece de traxe e gravata, reloxo carísimo, zapatos de marca e pelo recollido en cola de cabalo, semellando un alto executivo, coma se transforma nun estresado de mochila ó lombo, un zoomer deses da xeración de cristal.
Aí atrás teimou en levar a nosa conversa cara ás xerarquías celestes, moi semellantes ás terrenais, segundo il. Díxome que a teoloxía lle reserve ós anxos o........
© La Región
visit website