Dignidade
Efectivamente, os homes non son todos iguais, as mulleres tampouco e os lectores deste xornal, afortunadamente, tamén teñen cada un de vostedes o seu pensamento, a súa interpretación do acontecido e a súa visión sobre a proximidade do horizonte, aínda que saben (e sabemos) que o horizonte non se pode agarrar coas mans. Esváese ou escápase entre os dedos e vai parar ao lonxe, onde non chega a imaxinación.
Os reformatorios, os campos de concentración ou de refuxiados, os centros de trata de persoas ou de traballos forzados, os cárceres e as casas ou lugares de prostitución, atacan á........
