O Museo Arqueolóxico de Ourense
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense constitúe unha das institucións culturais máis relevantes da nosa provincia e, sen dúbida ningunha, unha das máis destacadas dentro do conxunto dos museos provinciais da península ibérica. A súa importancia non reside só na riqueza e diversidade dos fondos que acubilla, senón tamén -para min, a razón sobranceira- na súa condición de depositario das pegadas que a historia foi deixando, século a século, no territorio ourensán.
A súa orixe remóntase a mediados do século XIX co nacemento do chamado Museo de Pinturas, promovido pola Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Aquel primeiro ente que agromaba tiña coma finalidade preserva-lo patrimonio artístico procedente dos conventos e mosteiros suprimidos pola reforma liberal progresista de 1836, a coñecida como Desamortización de Mendizábal. Este ente atravesou múltiples etapas caracterizadas por varios cambios de sede, dispersións e reunificacións dos seus fondos; unha sorte de........
